Con motivo de que o 3 de decembro é o Dia Internacional das persoas con Diversidade Funcional os nenos e nenas de 5º e 6º estivemos traballando “El libro negro de los colores” de Menena Cottin e Rosana Faria. Un libro que nos fala sobre a percepción das cores, un libro negro que coas súas ilustracións en relevo proponnos unha experiencia sensorial: percibir as cores sen necesidade de velas.