El tamborilero

ALIMENTACIÓN

SAÚDE

XOGOS VIRTUAIS

mércores, 20 de abril de 2022

2º FEIRA DO LIBRO

 Que bonita luce a nosa Feira do Libros! !!

Chea de aventuras agachadas nos libros, agardando a que o venres, os nenos e nenas pasedes a rescatalos.

MÚSICA: OS MAIOS

Está chegando o mes de maio e con el a festa dos Maios, tan popular na nosa provincia.
O ano pasado xa fixemos un na escola grazas a estructura que nos fixo Laureano o pai de Noelia tan amablemente e coa axuda de todas e todos.

Os Maios é unha festa popular na que se festexa a chegada da Primavera.
En Ourense acostumbrábase a celebrarse o 1º domingo de maio en que se enchían as plazas de Ourense de construccións vexetais en forma de pirámide ou cono de madeira recuberto de fiuncho, xestas, carqueixas, musgo, bugallos, flores,... e rematado nunha cruz.





Esta tradición ten as súas oríxes nas civilizacións prerromanas.No século XII estendíase ao longo de toda Galicia, aínda que actualmente a súa área é moito máis reducida.
Hai dúas variedades ben diferenciadas de maios, aqueles nos que é representado por un neno, que recibe o nome de "Rei do Maio", e desfila coas roupas totalmente cubertas de flores, herbas, fiuncho,etc.



E por outra banda os maios que son representados por figuras de follas e flores.
En Ourense aínda que os hai con forma piramidal ou cónica os máis abundantes son os de formas caprichosas: potes, hórreos, cruceiros, cruces,...







Os que acompañan ao "Maio" cantan ao seu redor coplas con ritmo e música antiga, satirizando costumes e sucesos que acontecen na poboación.
Aquí vos deixo un pequeno titorial para que podades facer as vosas propias coplas :