O xoves tivemos a sorte de recibir no noso colexio a visita de Rosa Cerdeira, autora do libro Diario de Pepe. Diario de un confinamiento, libro do que é protagonista o noso querido compañeiro de 3 anos Pepe. Durante o 1º trimestre, os nenos de 2º e os da aula de Nila lemos o libro ao tempo que traballamos os sentimientos e as emocións que sufrimos durante o período de confinamento.
A visita de Rosa deunos a oportunidade de realizar un coloquio coa autora no que intercambiamos puntos de vista, sentimentos e ata agasallos.
A autora ademáis de agasallarnos coa súa visita, firmou pacientemente todos os exemplares do libro, e regalounos unha chapa de "poli".
Grazas Rosa! Pola túa visita, o teu agarimo e por darnos a oportunidade de coñecerte. FOTOS