El tamborilero

ALIMENTACIÓN

SAÚDE

XOGOS VIRTUAIS

luns, 13 de xaneiro de 2020

ALIMÉNTATE BEN. PRODUCTOS DE TEMPEDA. XANEIRO.ESCAROLA

Ola familias! Seguimos co proxecta Aliméntate ben e esta vez achegámosvos os produtos do mes de xaneiro.
Tamén queremos falarvos dos beneficios e propiedades da escarola

A escarola:
Ten sabor lixeiramente amargo e unhas follas máis rizadas que as da leituga, a escarola é a tradicional sustituta desta última durante os meses de inverno, gracias á sua resistencia ó frío. É pois, en xaneiro cando ten unha mellor calidade, aínda que se puede atopar durante todo o ano no mercado.
A escarola é unha variedade da endivia que presenta unhas puntas dentadas e talos ramificados. Trátase dunha planta idónea para preparar ensaladas e que se pode acompañar de outros productos como tomate, cebola e demáis alimentos propios da época.

Propiedades


A escarola é un alimento composto prácticamente por auga e con un escaso contido calórico que a fan idónea en dietas destinadas a combatir problemas de obesidade.
Segundo a Fundación Española de Nutrición, trátase da verdura máis rica en vitaminas, como a C e a B, indispensabeis entre mulleres embarazadas. Así como, tamén está presente a vitamina K, necesaria na coagulación do sangue. Ademáis, tamén axuda a fortalecer o sistema inmunolóxico.
Tamén é unha planta rica en calcio, aínda que o dos vexetais non se absorbe tan ben como o dos productos de orixen animal, coma o leite. Este, xunto ao fósforo, son beneficiosos na saúde de dentes e osos.
A escarola tamén é rica en potasio, que favorece o bo funcionamento do sistema nervioso.