El tamborilero

ALIMENTACIÓN

SAÚDE

XOGOS VIRTUAIS

mércores, 27 de novembro de 2019

PROXECTA: ALIMÉNTATE BEN. FROITAS DE TEMPADA. NOVEMBRO. Caqui

Un ano máis, o noso colexio, participa no programa "Aliméntate Ben".
 Este ano traballaremos as froitas e verduras de tempada, e os productos da contorna, para promover un consumo sostible e responsable.
Aquí vos queda un cuadro coas froitas e verduras do mes de Novembro, así como as propiedades do Caqui, 1º froia degustada no noso comedor escolar.
                  de polpa xugosa e doce, cunha textura suave e cremosa.
A árbore que os produce é de madeira dura, e folla caduca. Cando lle caen as follas vense os caquis cunha cor vermella brillante.
É orixinaria de China.

Propiedades do caqui:
                   Aporta hidratos de carbono, principalmente fructosa e glucosa, o cal convérteo nun alimento nutritivo e enerxético.
As súas fibras solubles, regulan o tránsito intestinal e alivian as gastritis.
Cando os caquis son verdes resultan astrinxentes.
Rico en antioxidantes: provitamina A o betacaroteno, vitamina C e vitamina B6, K e vitamina E, é aconsellable en caso de estrés ou ante problemas de vista.
Contén minerais como manganeso, cobre, o patasio, o magnesio e o fósforo.

Beneficios do caqui:
                    O caqui está indicado para calquera que teña boa saude, e tamén para nenos, deportistas e persoas que realicen traballos físicos intensos.
Coida a vista. Protexe especialmente os ollos e preven a dexeneración macular, que é a primeira causa de cegueira asociada ao paso dos anos.
Un dos efectos máis estudados é o antioxidante, que evita a dexeneración dos tecidos protexendo ás celulas dos radicais libres  e outras sustancias.
Poden mercarse e conxelarse, pois consérvanse perfectamente.
Tamén pódese desecar, como se fai en Xapón. Entón vólvense marróns pero seguen sendo suculentos e doces.

Os nosos nenos degustando os caquis no comedor: 







luns, 11 de novembro de 2019

MAGOSTO

E un ano máis celebramos o Magosto no colé, comemos castañas, bailamos, corremos e tiznámonos as caras.
Fotos



Porque "Polo San Martiño, peóns ao camiño"

sábado, 9 de novembro de 2019

DUÉRMETE NIÑO!!! Frauta 3º-4º

Aquí vos deixo a nova canción de frauta para os nenos de 3º e 4º, practicade algo! 😉



Oh Susana!!! frauta 5º-6º

E aquí tendes a melodía para practicar "Oh Susana".